O persoal dos centros socioculturais de Santiago volve á folga este mércores

Denuncian falta de avances na negociación das condicións laborais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/05/2022 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O persoal dos centros socioculturais do Concello de Santiago regresa á folga este mércores ante a falta de avances na negociación das condicións do persoal.

Centro sociocultural A Trisca, en Santiago de Compostela
Centro sociocultural A Trisca, en Santiago de Compostela | Fonte: Google Maps.

Despois da celebración de tres xornadas de folga durante as últimas semanas, os traballadores da rede municipal de centros socioculturas da capital galega convocan unha nova protesta para este mércores ás 10,30 horas fronte á sede do consistorio local.

"Tres días non lle parecen suficientes ao concelleiro Javier Fernández e ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo", sinala o comité, que advirte que o goberno municipal "xa empeza" a recibir críticas de usuarios polo peche de actividades "que están a pagar sen poder usar".

Insisten en que as súas demandas continúan "desatendidas" e piden respecto para o convenio como "única" vía para evitar despedimentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta