Borja Verea presenta o equipo que o acompañará á fronte do PP de Santiago, con 13 mulleres e sete homes

Será proclamado presidente do PP santiagués o sábado 14 de maio.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/05/2022 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

O único candidato a presidir o PP de Santiago, Borja Verea, presentou este luns a lista do equipo que o acompará na dirección dos populares composteláns a partir do congreso deste sábado.

Borja Verea xunto a membros do seu equipo do PP de Santiago
Borja Verea xunto a membros do seu equipo do PP de Santiago | Fonte: PP.

Tras o anuncio da retirada da carreira do outro candidato en liza, o médico Fernando Mayo; o deputado na Cámara galega será proclamado presidente do PP santiagués o vindeiro sábado 14 de maio.

Este luns, Verea presentou este luns a lista de nomes que o acompañan na súa candidatura, composta por 13 mulleres e sete homes e "cunha renovación de membros do 90%".

Todo iso co obxectivo, de lograr que o PP "chegue máis forte ás eleccións de 2023".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta