Dous empresarios de Ourense absoltos de falsificar os documentos de pago dun camareiro

A tenor das probas presentadas durante a vista xudicial celebrada o venres 6 de maio, considera que "non resulta acreditado o carácter falso das firmas e escritura existentes" nos 33 documentos de pago e cuadrantes horarios que, segundo o traballador, foran falsificados pola parella.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2022 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

A Audiencia de Ourense absolveu aos dous empresarios acusados de falsificar durante anos unha trintena de documentos de pago e cuadrantes de horario dun empregado dun negocio de restauración.

Nun fallo emitido o pasado luns que se deu a coñecer este martes e contra o que cabe recurso de apelación, a sección segunda da audiencia ourensá dá veracidade á versión dos procesados, un matrimonio que rexentaba un negocio no que traballaba como camareiro o denunciante.

Así, a tenor das probas presentadas durante a vista xudicial celebrada o venres 6 de maio, considera que "non resulta acreditado o carácter falso das firmas e escritura existente" nos 33 documentos de pago e cuadrantes horarios que, segundo o traballador, foran falsificados pola parella.

Segundo reflicte a sentenza, os acusados achegaron "un conxunto de nóminas, recibos e cuadrantes" durante o procedemento aberto nun xulgado tras a reclamación do camareiro, que solicitaba o abono de salarios non pagos.

Os xuíces dan veracidade á documentación facilitada polos empresarios pois ribunal "non resulta factible extraer a conclusión de que son falsos", á vez que subliña que é "claro" que o pronunciamento de condena a título de estafa procesual "depende directamente da previa evidencia da falsidade documental atribuída aos acusados".

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta