Activo un incendio nunha zona próxima a casas en Ourense

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 10/05/2022 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

Un conato de incendio afecta desde a tarde deste martes unha área próxima a casas na zona de Montealegre, no concello de Ourense.

Incendio en Ourense próximo a vivendas en Montealegre
Incendio en Ourense próximo a vivendas en Montealegre | Fonte: @EmerxenciasOu en Twitter.

Polo momento, a superficie afectada polas chamas era de 0,15 hectáreas. O incendio declarouse ás 19,00 horas.

Na zona traballan dous axentes, seis brigadas, unha motobomba e medios áereos, segundo apunta a Consellería do Medio Rural, que asegura que non existe perigo para as casas situadas nas proximidades do incendio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta