A conselleira Ethel Váquez, sobre o seu futuro: "estarei onde me toque"

Alfonso Rueda anunciará a composición do seu goberno esta fin de semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez, asegurou sobre o seu futuro na Xunta, co novo presidente Alfonso Rueda que tomará posesión como tal e dará a coñecer a composición do Goberno esta fin de semana, que estará onde lle "toque". "Ao meu onde me toque", repetiu en varias ocasións ao ser interpelada polos medios sobre se seguirá ou non no Goberno galego. "Ao meu onde me toque, onde me toque estar estarei a traballar, tentando facelo o mellor posible no posto que me toque. Teño un posto en Augas de Galicia, onde me toque", incidiu.

Sobre a nova etapa con Alfonso Rueda, Vázquez sinalou que espera "estabilidade, que é realmente importante, tamén continuidade". "E seguir traballando para os galegos da mellor forma posible que o estamos facendo", abunda. "En calquera caso a estabilidade é un punto moi importante, cos anuncios que fixo Alfonso Rueda, candidato á Xunta, creo que a familia e o traballo será un alicerce fundamental no futuro, igual que foi no pasado", concluíu. Estas declaracións realizounas nunha visita ás obras do futuro centro de saúde de Lugo, no barrio da Residencia, na súa calidade de conselleira en funcións de Infaestruturas.

A conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez, en Lugo.
A conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez, en Lugo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta