(VÍDEO) As medalleiras de Santiago, vendedoras históricas desprazadas do centro da cidade

Este colectivo de vendedoras mantén unha protesta indefinida cada martes fronte a Casa do Concello.

Por Gabriela Prada | Santiago de Compostela | 14/05/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

No que deron en chamar os 'Martes polas Medalleiras', as vendedoras de recordos do Obradoiro e as prazas centrais da cidade de Santiago protestan cada martes para reclamar que o Concello lles permita recuperar a súa "localización histórica".

"En 2021, os artistas de rúa e medalleiras fomos expulsados das nosas históricas localizacións a outros lugares con menos tránsito de viandantes. Como se veu denunciando nos pasados meses, as novas localizacións xeráronnos un enorme prexuízo económico", recolle o colectivo.

Así mesmo, denuncian unha "clara discriminación" con respecto a outras actividades "máis perniciosas para a zona monumental" que se localizan en lugares prohibidos para eles, como os trens turísticos e o aparcadoiro de coches na Praza do Obradoiro, "enormes terrazas que ocupan media Praza da Quintana" ou "indixentes e esmoleiros" na cidade histórica.

Medalleira Histórica
Medalleira Histórica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galego exiliado

Un alcalde que odia Compostela e os compostelans e que quere convertir Compostela en un decorado turístico so pa turistas e sin compostelans. Pecha o comercio tradicional e abre un montón de centros comerciais, pechan tendas e comercios e abren bares e mais bares, pechan vivendas turísticas pa favorecer as grandes cadeas hoteleiras, pechan carris de circulación e prazas de aparcamento pa que circulen peregrins e bicletas en ves de traballadores, a zona vella, as beirarruas e a rua do Franco reservadas pa bicicletas, os peons sobran, a metade dos compostelans foronse de Compostela e os que quedan teñen que ir vivir ós barrios das aforas. Compostela un decorado perroflauta.