A CIG pide á Xunta que manteña os apoios educativos nos centros até final de xuño

Para a CIG, esta é "a enésima mostra de que para o Goberno do Partido Popular o ensino é só un gasto no que se pode e debe aforrar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino esixiu este mércores que a Xunta manteña os apoios educativos ata o final do mes de xuño, e non ata o día 15, como, segundo alertaron, é a súa intención.

Segundo explicou o sindicato, "nestes últimos días" chegáronlles "comunicacións dos centros educativos, sobre todo de educación secundaria, e do persoal afectado", nas que se di que o persoal do probrama PROA "vai ser cesado o 15 de xuño".

Fronte a isto, esixe que se manteñan os contratos ata o día 30. "Non pode ser que no momento en que estes reforzos educativos son máis necesarios, lembremos que, na educación secundaria, o tempo entre o 6 e o 22 de xuño, segundo a orde de calendario, dedicarase á preparación e realización das probas extraordinarias, e as actividades de apoio, reforzo, ampliación e tutorización, a consellería decida recortar o reforzo educativo dos que dotou aos centros educativos", apuntan.

Para a CIG, esta é "a enésima mostra de que para o Goberno do Partido Popular o ensino é só un gasto no que se pode e debe aforrar".

Unha das aulas dun colexio. Alejandro Martínez Vélez - Europa Press
Unha das aulas dun colexio. Alejandro Martínez Vélez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta