A situación da TVG e da RG

Remitennos un mail no que denuncian a situación informativa que atravesa a TVG e a RG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/09/2007 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Anos e anos de procesos de concentración parcelaria conseguiron poñer orde, sentido común e, ó máis importante, facer rendibles as terras de cultivo do noso país, subexplotadas durante séculos polo fenómeno do minifundismo. O sentido de propiedade da terra, do recuncho de cada quen nunha economía de subsistencia, podía e debía dimensionarse. Non tiña sentido que a hiperparcelación da terra provocara efectos tan

negativos como poñer en cuestión a sua productividade.

Ata hai poucos anos, a situación convertía a Galicia en excepción dun medidor de desenvolvemento económico universalmente aceptado: a mecanización do agro. Resulta que o número de tractores nas explotacións agrarias galegas chegou a superar o promedio dos paises

europeos máis desenvolvidos; o malo é que, por falta de acordo co veciño, ó último modelo do John Deere ou Ferguson traballaba tres ou catro semanas ó ano e o resto pasábao a cuberto, en contra da máis elemental lóxica productiva.

Parecía, pois, o minifundismo unha estructura superada, pero as circunstancias políticas fanno subsistir. Ou alomenos así o parece no ámbito dos medios de comunicación de titularidade pública.

Asistimos nos últimos días a unha severa confrontación entre un dos socios do Goberno da Xunta, o BNG, e unha parcela do medio público Televisión de Galicia: os informativos. Dende a Vicepresidencia critícase a ausencia do seu titular nos espacios de noticias e decídese excluir ó medio das convocatorias de actos; dende os Informativos respóndese con feitos: os seus profesionais desaparecen dos actos do vicepresidente, nunha decisión sen precedentes no medio público, contraria a Lei de Creación da CRTVG, que establece á obriga de informar á cidadanía das actividades das institucións autonómicas, e, sobre todo, abandoando a obriga ética de transmitir a información por riba de calquera presión política.

Desde a dirección da TVG (BNG) non se actúa: simplemente non hai capacidade. O departamento de Informativos (PSOE) funciona autónomamente. Son parcelas independentes.

Outra parcela dos medios públicos, a Radio Galega (BNG) ven mantendo una actitud abertamente hostil contra os socialistas. Por citar só un exemplo do que podería ser unha descripción enciclopédica, este pasado agosto acumulábanse as declaracións dos promotores da folga da policía local de Lugo, nun claro intento de desgastar a xestión do alcalde socialista.

Nunca a Radio Galega a a Televisión de Galicia, sendo medios de comunicación irmáns, camiñaron editorialmente por roteiros tan distantes. Dada a visible dependencia de forzas políticas rivais pero puntualmente amigas, non sería estrano que un medio e outro cheguen a entrar nunha dinámica de confrontación informativa.

Non é só que ós actuais xestores dos medios públicos lles quede grande o traballo encomendado -que lles sobra ata o punto de ter confesado privadamente a sua incredulidade en seren eles os elixidos- senon que,

ademáis, os seus xefes políticos movense no medio do desconcerto e a improvisación.

En todo caso, a situación dos medios públicos é parella á que vive a Xunta bipartita. Calquera cidadán meridianamente informado coincidirá na percepción de que ´´o mal sono´´ dunha noite de verán para facer cantar ós pequerrechos que aínda non falan no demencial ensaio das "ikastolas" galegas, é un síntoma moi severo de confrontación das duas minorías que crearon unha artificial maioría de goberno.

Á volta ós vellos modos de reparto, parcelacion e minifundio parece confirmar o temor.

Domingos Meixide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 80 comentarios

45 Quinteiro

Canto odio, canta visceralidade, canto mal uso das palabras, que pouca cortesía, canta demagoxia arredor do cacareado "galicia ceibe" para "salvarnos" de España, canta alabanza ós amigos dos etarras de Nafarroa Bai, canta xustificación da paranoia antiperiodística da TVG, canto trapallán confundindo cunhas audiencias das que só se sabe que caeron en picado, canto frustrado... Pero sí hai país, hai cultura, hai xente en común. Somos bos e xenerosos: se algo nos sobra ós galegos son os catamañáns que se erixen -¿en nome de quén?, ¿con que apoio cidadán?- como salvadores das nosas vidas. Metédevos nas covas, trogloditas!!!!!

44 Oscar

¿Eres mesetario? Vaia sorpresa. Mira por onde, eu estudo nunha cidade da "España seca", entre outras cousas, porque a pesar do meu expediente, a beca que ía recibir é unha merda. Có cal, xa que a carreira non a tiña en Compostela, compénsabame estudar fóra antes que estudar na Coruña, aparte de que a Escola de Arquitectura da Coruña é unha mafia na que a Xunta nunca meteu a man. Por suposto, non só iso influíu en que me fose, pero vese que non me equivoquéi moito porque hai bastantes galegos na miña Escola. Entre outras cousas, por iso a miña conclusión é a seguinte: o anterior goberno (Fraga, PP) é un goberno merdento que en vez de invirtir en educación derrocha en manipulación. Para que logo se queixen eles. Hai comunidades gobernadas polo seu mesmo partido que dan 5000€ anuais durante cinco anos só por ter máis de 8 de nota de entrada, sen máis condicións.
En resumo, váiche ser difícil encontrarme en Compostela, síntocho; pero grazas polo cumprido. A intención é o que conta.
¿Ribera del Duero? Xa imaxinaba que ti tiñas que ser salmantino.

43 Juan Español

Óscar, cualquier día quedamos en Compostela y nos tomamos unos vinos. Como soy un mesetario, te invito a un ribera del Duero de los buenos. Más tarde, si hay un albariño también se beberá, porque ya sabes que cuando el vino viene, viene la vida... ¿Habrá unas necoritas?

42 Oscar

sí J.E., chamaréi ao meu primo de Zumosol. Aínda que para primo, ti.
¿borde eu? ¿Andas ben de memoria?

41 Elisa

No soy católica, soy una antropófaga... ¿Qué pasa?