Denuncian na Coruña ao dono dun can que mordeu a un neno de 21 meses

O Concello tentará declarar a raza como potencialmente perigosa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2022 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Os pais dun neno de 21 meses presentaron denuncia contra o dono dun can, de raza American Bully, que mordeu ao seu fillo o pasado sábado nunha praza do centro da Coruña.  Así o informaron a Europa Press fontes municipais que precisaron que o ataque ocorreu na xornada do sábado, pero que non foi ata o luns cando se presentou denuncia ante a Policía Local que, á súa vez, deu traslado da mesma á Nacional.

Tras ter constancia do sucedido, os axentes identificaron o dono do animal, que estaba suxeito cunha cadea e sen boceira. Sobre o momento dos feitos, explicaron que o can estaba agarrado coa cadea e entre as pernas do seu propietario, momento no que neno pasou por alí e o can mordeulle, segundo o relato dos feitos.

Respecto ao animal, precisaron que non está incluído na lista de animais perigosos en Galicia. En total, nesta autonomía figuran 15 razas, das que oito son considerados potencialmente perigosos en base a unha normativa estatal, aos que a comunidade autónoma galega sumou outro sete.

"O American Bully non está nesas 15", apuntaron fontes municipais que engadiron que, no entanto, o concello iniciará un procedemento para declaralo como potencialmente perigoso. No caso deste can, dixeron que o seu dono tiña toda a documentación e que "cumpría toda a normativa". Das actuacións municipais, indicaron que o consistorio herculino aplica unha normativa estatal que permite á Alcaldía multar aos donos de cans perigosos que están sen boceira. Tamén dixeron que cando hai un can perigoso sen licenza este é incautado. Con todo, recalcaron que as competencias sancionadoras tenas a Xunta.

American Bully
American Bully | Fonte: Dogmal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta