Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2022 | Actualizada ás 19:07
A Deputación da Coruña seleccionou 20 propostas dentro da iniciativa Fondo Reino de Galicia de proxectos culturais, segundo informa o organismo provincial, que destaca o número de solicitudes recibidas e a súa "alta calidade".
Nelas, hai propostas escénicas, musicais, de edición e literatura, proxectos audiovisuais, animación en 3D, unha web sobre fortalezas, un cartafol de ilustracións e un estudo sobre tipografía medieval.
Noutra orde de cousas, a institución provincial informa da celebración o 17 de maio na praia de Barraña, en Boiro, da segunda proba do I Circuíto provincial de Piragüismo Deputación da Coruña.
Ademais dá conta de distintas actuacións en materia de seguridade viaria, como as obras de mellora na DP-1002 ao seu paso polo concello de Boimorto e na estrada DP-8001 de Cruces a Penablanca, no municipio de Sobrado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.