O Concello de Allariz oferta ciclos de educación sexual aos centros de ensino

A formación, que vén facendo dende hai anos a Área de Benestar Social no mes de maio, impártese nos cursos de 6º de Primaria do Colexio Padre Feijoo, e 2º da ESO do IES Allariz.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 13/05/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O ciclo de educación sexual será impartido pola educadora familiar e a técnica de igualdade do Concello de Allariz e ten como finalidade traballar a partir de intervencións curtas contidos da disciplina sexolóxica relacionados coa puberdade e a adolescencia.

Cartel dos ciclos
Cartel dos ciclos

A idea dos ciclos de educación sexual foi acuñada por Efigenio Amezúa, e nesta ocasión fai referencia a varias sesións para cada un dos grupos. Traballaranse contidos relacionados co feito de ser sexuados e sexuadas e as implicacións que ten para nós e para as relacións que establecemos para a convivencia.

Reflexionarase sobre os cambios nos corpos e nas relacións que se dan nesta etapa da vida, introducindo ideas que acheguen coñecemento para axudar a un mellor entendemento de cousas que poden acontecer e que inflúen no mozo/a. Ideas como o feito de ser sexuados e diferentes, as ideas de amizade, de intimidade, de gusto polo outro/a, das ideas de parellas, etc.

"Todos os contidos que se inclúen na formación son tratados dende unha actitude comprensiva e de cultivo, entendendo e valorando as diferencias e cultivando así a convivencia, obxectivo final deste tipo de intervencións", comentan dende o concello.

Casa do Concello de Allariz
Casa do Concello de Allariz | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta