Só o 0,8% dos carnés para a condución de camións en Galicia foron para mulleres no 2021

Trátase dun mundo especialmente masculinizado: dos 250.000 condutores destes vehículos no Estado, só 5.000 son mulleres.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As mulleres en Galicia só obtiveron un 0,8% dos carnés que habilitan para conducir camións, o E para conducir este tipo de vehículos que son articulados, e o C para ríxidos en 2021, segundo datos da Dirección General de Tráfico (DGT). En concreto, na licenza de tipo E expedíronse 379, un 2,8% do total estatal correspondentes a mulleres. Do tipo C, a cantidade foi menor, só 171, un 1,29%. 

Varios camións parados na dársena de Transportes Rabadenses, unha das maiores empresas de transporte da provincia de Lugo. Carlos Castro - Europa Press
Varios camións parados na dársena de Transportes Rabadenses, unha das maiores empresas de transporte da provincia de Lugo. Carlos Castro - Europa Press

A nivel estatal expedíronse na primeira categoría un total de 47.756 permisos, dos que 13.174 foron para mulleres, un 27,5%. En canto á licenza C, a DGT concedeu 21.963, dos que 1.746 foron para mulleres, un 7,9%.

Trátase de datos que demostran que o camión segue sendo un mundo especialmente masculinizado. No conxunto do estado, dos 250.000 condutores destes vehículos, só 5.000 son mulleres, un 2%. Por iso, ao abeiro destas cifras, xurdiu a iniciativa 'WoMAN', un programa de MAN Truck & Bus Iberia para promover a formación das mulleres como condutoras profesionais a través de bolsas nun sector que necesita 15.000 transportistas. 

Trátase dunha axuda económica para sacar o permiso de condución para camións, xa sexa o C para ríxidos ou o E para articulados, e o Certificado de Aptitude Profesional para o transporte. Estas bolsas, segundo explica a iniciativa nun comunicado, cubren ata o 70% destes custos.

As mulleres interesadas en apuntarse poden facelo a través desta ligazón. Na súa primeira edición no 2021, 'WoMAN' chegou a formar a dez mulleres. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta