A Deputación de Pontevedra aproba case 1,5 millóns de euros para oito municipios ao amparo do Plan Concellos

Tamén recibiu luz verde a unha achega de 69.000 euros para Vilanova de Arousa, cos que se acondicionará a planta baixo cuberta do centro de formación do Pazo de Vista Real, aumentando a superficie dispoñible ao crear dúas aulas grandes e unha pequena coas que se ampliará a oferta de cursos e actividades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2022 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Cesar Mosquera, deu conta dos asuntos abordados na Xunta de Goberno Provincial celebrada este venres, na que se aprobaron novos recursos para os municipios da provincia da man do Plan Concellos que irán destinados a actuacións de iluminación, melloras en estradas e camiños ou acondicionamento de locais.

En total son nove achegas que suman 1.489.515 euros e coas que Vilanova, Vilagarcía, Poio, Moaña, Redondela, Tomiño, O Rosal e Cangas (onde que chegarán dúas subvencións) poderán realizar estas intervencións.

En concreto, para Vilagarcía de Arousa foi aprobada unha achega de 130.680 euros para substituír as luminarias do campo de fútbol da Lomba por un novas tipo LED, que aumentarán o nivel de iluminación á vez que reducen o consumo eléctrico.

Tamén recibiu luz verde a unha achega de 69.000 euros para Vilanova de Arousa, cos que se acondicionará a planta baixo cuberta do centro de formación do Pazo de Vista Real, aumentando a superficie dispoñible ao crear dúas aulas grandes e unha pequena coas que se ampliará a oferta de cursos e actividades.

Para Poio, aprobouse unha subvención de 154.500 euros para que o concello acondicione un local ten na Reiboa (A Seca), e que actualmente se destina a talleres profesionais, para convertelo nun espazo de coworking no que se realizarán actividades orientadas á potenciación da xeración de emprego, riqueza e benestar social.

Os fondos provinciais tamén chegarán a Cangas do Morrazo con dúas achegas que suman 148.095 euros coas que se realizará unha adecuación funcional de tres vivendas para a súa posta en funcionamento con uso de vivenda de carácter social (72.170 euros) e darase saneamento ás vivendas situadas na Baixada a Francón (75.925 euros).

Moaña, cunha achega de 137.820 euros, asfaltará a Travesía Praza A Feira - Colexio Abelendo, o camiño Ameixada - O Casal e a rúa Daniel Castelao. Para Redondela aprobouse unha achega de 546.540 euros, cos que executará un aparcadoiro disuasorio en Vilavella.

A Xunta de Goberno tamén aprobou recursos para O Rosal e Tomiño. O primeiro destes concellos contará con 168.580 euros cos que se renovarán as rúas da contorna de O Calvario (como a rúa Nova do Couso, a rúa Manuel Suárez Marquier ou a rúa Cabasqueiros) que presentan deficiencias na pavimentación e sinalización e non cumpren cos estándares de accesibilidade e seguridade para as persoas que camiñan.

Pola súa banda, Tomiño ampliará e mellorará a estrada de Barrantes desde o Camiño Novo ata o cruzamento de San Miguel coa ampliación da plataforma da estrada e actuacións nalgunhas curvas para aumentar a seguridade viaria cunha achega de 134.300 euros.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta