A Xunta pide reducir regas e o uso de auga en piscinas nos concellos da conca Galicia Costa

Toda a demarcación continúa en situación de prealerta por seca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2022 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A Xunta solicitou aos municipios da conca hidrográfica Galicia Costa que reduzan regas e restrinxan a renovación de auga nas piscinas ante a situación de prealerta por seca na que se atopa toda a demarcación desde hai semanas.

Trátase de dúas das recomendacións que fixo chegar Augas de Galicia --dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade-- aos concellos da conca despois do mantemento da situación de prealerta por seca, acordada hai unha semana pola Oficina da Seca.

Reducir regas de xardíns e as presións das redes durante as noites, revisar instalacións, restrinxir a renovación de auga de piscinas, facer un uso eficiente da auga no lavado de coches e minimizar os magueirazos nas rúas son as recomendacións efectuadas pola Xunta ante o inicio da época de maior demanda de auga.

Anima os concellos a implicarse co consumo responsable de auga, xa que os índices de estado da demarcación están a empeorar, aínda que non se alcanzan os limiares para a declaración do estado de alerta, sinala a Administración autonómica.

Neste sentido, destaca como elemento positivo que as reservas de auga nos encoros de abastecemento se atopan en situación de "normalidade", pero os caudais continúan sendo baixos e as achegas están por baixo da metade das medias para esta época do ano.

PLAN DE EMERXENCIA

Así mesmo, a Xunta tamén lembra aos concellos de máis de 20.000 habitantes que deben contar cun Plan Municipal de Emerxencia ante Situacións de Seca. No caso de non telo, Augas de Galicia apunta que existen axudas que sufragan ata o 80% do custo da redacción destes programas obrigatorios.

Arquivo - Varios troncos de árbores na beira do encoro de Abegondo-Cecebre, a 9 de febreiro de 2022, en Cambre, A Coruña, Galicia (España). O encoro de Abegondo-Cecebre ten un índice actual de ocupación do 58,75 % cando o máximo permitido en i. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varios troncos de árbores na beira do encoro de Abegondo-Cecebre, a 9 de febreiro de 2022, en Cambre, A Coruña, Galicia (España). O encoro de Abegondo-Cecebre ten un índice actual de ocupación do 58,75 % cando o máximo permitido en i. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta