Os sindicatos falan de seguimento "masivo" da folga no sector 'contact center'

Esixen unha suba do salario ante a perda dun 16% do poder adquisitivo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/05/2022 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Os sindicatos con principal representación en Galicia calculan un seguimento "masivo" da folga no sector 'contact center' celebrada este venres. A folga convocada en diferentes cidades do Estado para reivindicar unha suba do salario tivo un seguimento de case o 85% das 120.000 persoas que emprego o sector, segundo informaron os sindicatos UGT e CCOO.

Manifestación do sector do 'contact center' pola Coruña. UXT
Manifestación do sector do 'contact center' pola Coruña. UXT | Fonte: Europa Press

Respecto diso, a CIG valorou o apoio a unha nova xornada de folga, xa que a proposta salarial da patronal "non garante sequera o mantemento do poder adquisito e pretende ademais consolidar a precariedade". Este sindicato protagonizou concentracións este venres antes a sede das empresas Bosch, en Vigo, e Atento, na Coruña.

Pola súa banda, UGT e CC.OO. celebraron unha manifestación que partiu na Coruña desde o Obelisco e chegou ata a praza de Mina. UGT cifra que o seguimento da folga na provincia coruñesa alcanzou o 90%.

Os sindicatos lanzáronse á rúa nas principais cidades, tras 28 meses de negociacións infrutuosas coa patronal do sector, para denunciar a perda dun 16% do poder adquisitivo que sufriu o 'contact center' nos tres últimos anos, un sector no que 96.000 traballadoras son mulleres e 30.000 contan cun contrato temporal, segundo os cálculos realizados polos sindicatos en España.

Por parte dos sindicatos afirmaron que, polo momento, non houbo ningún achegamento" coa patronal, pero que dúas empresas fóra da asociación empresarial si comezaron unha negociación cos sindicatos. Unha delas é Lanalden, coa que acordaron un incremento salarial do 4% a conta do convenio para este ano, aínda pendente de asinar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta