A participación nas oposicións do Sergas superan o 75% de de inscritos

Para a tarde deste sábado están chamados 1.554 aspirantes para cubrir as 33 prazas de telefonista, mentres que o domingo están convocados 786 aspirantes a 38 prazas da categoría de electricista e 856 para as de planchador e técnico especialista en tecnoloxías da información, que contan con 45 e 12 prazas, respectivamente.

Por E.P. | Silleda | 14/05/2022 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

Este fin de semana continúan as probas selectivas da oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde (Sergas) no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, ás que se presentaron 849 aspirantes dos 1.123 convocados, o cal represena unha participación do 75,6%.

Na mañá deste sábado convocouse a aspirantes para cubrir un total de 54 prazas das categorías de cociñeiro (24), mecánico (19) e terapeuta ocupacional (11). Na categoría de cociñeiros, os admitidos eran 433 e acudiron 313, na de mecánico acudiron 320 dos 409 admitidos, e na de terapeuta, 216 de 281 convocados.

Para a tarde deste sábado están chamados 1.554 aspirantes para cubrir as 33 prazas de telefonista, mentres que o domingo están convocados 786 aspirantes a 38 prazas da categoría de electricista e 856 para as de planchador e técnico especialista en tecnoloxías da información, que contan con 45 e 12 prazas, respectivamente.

Nas OPE .deste ano ofertáronse un total de 680 prazas correspondentes a 24 categorías de persoal estatutario iniciadas o fin de semana do 23 e 24 do pasado mes de abril. En particular, este fin de semana realizaranse os exames para cubrir un total de 182 prazas correspondentes, o que dará fin ao seis xornadas de exame convocadas este ano.

Oposicións do Sergas no Recinto Feiral de Silleda. XUNTA DE GALICIA
Oposicións do Sergas no Recinto Feiral de Silleda. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta