Buscan unha moza de 26 anos en Carballo desaparecida desde este pasado sábado

A súa contorna de amizades requiriu colaboración e piden a calquera persoa que teña algunha pista comuníquello á Garda Civil ou a Protección Civil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2022 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A Garda Civil, Protección Civil e amizades buscan unha moza da que non se sabe nada desde este sábado na localidade coruñesa de Carballo.

Segundo difundiu á primeira hora deste domingo Protección Civil da localidade, a moza chámase Galia, ten 25 anos, é morena, de complexión delgada e mide 1,51.

Polo momento búscana pola zona de Carballo. A súa contorna de amizades requiriu colaboración e piden a calquera persoa que teña algunha pista llelo comuniquen á Garda Civil ou a Protección Civil.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta