Detido un home en Ribadumia por queimarlle o coche a un veciño

O propietario do coche estaba dentro del cando o presunto autor comezou a verter gasolina sobre o vehículo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron este mércores a un home de 49 anos de idade sen antecedentes como presunto autor do incendio intencionado dun vehículo no municipio de Ribadumia. Así o confirmaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, que sinalaron que o home de 49 anos, veciño do dono do coche que incendiou, foi detido por un delito de danos.

Os feitos sucederon sobre as 6,00 horas deste mércores cando o individuo, segundo fontes consultadas por Europa Press padece unha afección psquiátrica, asperxeu o vehículo con gasolina tras subir o dono, quen puido abandonalo antes de que lle prendese lume, polo que non resultou ferido.

Segundo informou o 112 Galicia, este lume provocado nun turismo causou "alarma" entre os veciños do Loureiro, en Ribadumia, e motivou a mobilización dos bombeiros do parque comarcal. Os feitos ocorreron sobre as 6,00 horas deste mércores, tal e como relataron as persoas que chamaron ao 112 Galicia tras observar o "incendio incipiente" no vehículo e unha discusión entre dúas persoas.

Segundo puido explicar o afectado aos axentes da Garda Civil, derramara alguén combustible sobre un coche e prendeu lume. Os Bombeiros de Ribadumia acudiron tras o aviso do 112 Galicia, pero á súa chegada o lume fora apagado cun extintor. O incendio afectou a un foco do coche, indicaron as mesmas fontes de emerxencias.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta