Conxuntivite primaveral: como evitar unha doenza que afecta ao 25% dos galegos

Conducir coas ventás baixadas e levar lentes de contacto podre facilitar a aparición da enfermidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A chegada da primavera adoita vir acompañada dunha mellor climatoloxía, pero tamén trae consigo múltiples alerxias e afeccións, entre as que destaca a conxuntivite. Esta reacción afecta ao 25% da poboación, segundo sinala o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia, e vese agravada polo aumento do pole nesta época do ano. 

Ollo seco.. COLEXIO DE ÓPTICOS DE GALICIA - Arquivo
Ollo seco.. COLEXIO DE ÓPTICOS DE GALICIA - Arquivo

O Colexio explica que a conxuntivite é unha afección que se produce pola inflamación da  conxuntiva, a membrana que recubre a parte branca do ollo e a cara interna das pálpebras, e é coñecida como “conxuntivite alérxica”. A reacción prodúcese cando o ollo entra en contacto co pole, o que xera “unha resposta do organismo na que se liberan certas substancias químicas”, apunta. A maiores, sinala que a conxuntivite pode producirse por ácaros de po ou caspa de animais. Entre os seus síntomas atópanse proído e enroxecemento, á parte de afectar ás pálpebras, provocar lágrimes e implicar sensibilidade á luz, entre outros.

Os profesionais e expertos sanitarios ópticos-optometristas fan unha serie de recomendacións para o tratamento da conxuntivite. Sinalan certas accións que se deben evitar, como fregar os ollos, saír ás horas do día onde máis pole hai no ambiente (o pole sobe pola mañá e alcanza o pico máximo ao mediodía ou nas primeiras horas da tarde), ou conducir coas xanelas abertos, xa que isto permite a entrada de aire. Tamén destacan que é importante manter unha correcta hixiene, tanto no fogar como persoal, dado que o pole adhírese ao xeito e á roupa. Apuntan que tamén se pode contar no fogar con humidificadores e aparellos de aire acondicionado con filtros de pole que poden axudar ao seu tratamento. 

Ademais, desde o Colexio explica que aquelas persoas que utilicen lentes de contacto deben ter especial precaución. Por unha banda, as lentes de contacto, no canto de protexer o ollo, atrapan os alérxenos e xeran unha exposición prologanda aos mesmos. Neste caso, recomendian cambiar as lentes de contacto habitualmente. Aínda así, é recomendable limitar o seu uso para non contribuír á irritación do ollo. O mellor neste tipo de casos é acudir a un profesional óptico-optometrista para que avalíe cada caso individualmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta