Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 14:32
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, reivindicou a colaboración entre o ámbito educativo e o empresarial galego como "imprescindible" para conseguir unha FP "especializada, innovadora e de alto valor engadido". O titular de Educación participou este venres na inauguración da xornada 'Experiencias que inspiran', no marco do programa Eduemprende, impartida no Centro Integrado de FP Someso, na Coruña.
O evento contou coa presenza do presidente da Cámara de Comercio da cidade herculina, Antonio Couceiro, exconcelleiro de Fraga, e do presidente e conselleiro delegado do grupo de distribución alimentaria Gadisa, Roberto Tojeiro, encargado de impartir o relatorio 'O valor de emprender, detectar e perseguir unha oportunidade'.
En declaracións aos medios, previas á inauguración do encontro, o conselleiro destacou que a educación "ten que ser útil" e "dar resposta" ás necesidades do sector empresarial xa que os alumnos son os futuros profesionais que van desenvolver o traballo necesario para que a economía e a sociedade poida "desenvolverse, progresar e innovar", así como "crear emprego e crear riqueza".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.