Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2022 | Actualizada ás 13:42
A Policía Local do municipio pontevedrés de Poio rescatou este sábado a un home de 76 anos que levaba desde o xoves malferido tirado nunha leira da súa vivenda, na zona de San Martiño, despois de caerse ao chan e non ser capaz de levantarse.
Segundo informou a Policía, os axentes accederon ao lugar onde se atopaba o home, na leira da súa vivenda, sobre as 13,00 horas. Tras ser localizado e rescatado, foi evacuado por técnicos do 061 e trasladado ao Hospital de Montecelo "completamente aparvado, deshidratado e con queimaduras na cara e o corpo debido ao sol". Ademais, a Policía tamén detallou que presentaba diferentes traumatismos provocados ao tentar levantarse.
Nun comunicado, a Policía Local de Poio incidiu en que esta situación podería levar un posible desamparo, polo que se informou a outros departamentos municipais como Servizos Sociais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.