Temas: FEIJóO PP

Feijóo rodéase de galegos nos cargos medios do PP

Tellado, Jaime de Olano e Barreiro pasan a engrosar a garda do novo líder do PP.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/05/2022 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Máis dirixentes galegos dirixirán áreas nos segundos niveis do partido e nas Cortes da man do novo líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que convocou este luns o seu Comité Executivo Nacional para dar luz verde á organigrama completo da formación.

(I-D) O vicesecretario de Organización do Partido Popular, Miguel Tellado; o presidente do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e a secretaria xeral do Partido Popular e portavoz do Grupo Parlame. Beatriz Ciscar - Europa Press
(I-D) O vicesecretario de Organización do Partido Popular, Miguel Tellado; o presidente do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e a secretaria xeral do Partido Popular e portavoz do Grupo Parlame. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Feijóo dá aínda máis peso aos dirixentes galegos na dirección do PP estatal, onde situou o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no equipo económico que dirixe o conselleiro andaluz de Facenda, Juan Bravo. Corgos ocuparase a Secretaría de Facenda, Eficiencia e Modernización do Sector Público e Financiamento europeo.

Xunto co vicesecretario e conselleiro de Facenda de Andalucía e o conselleiro galego, estarán outros conselleiros autonómicos. Feijóo xa optaba en Galicia por incluír nos seus equipos de dirección a membros do seu Executivo --a diferenza de Alfonso Rueda, que os deixou fóra na nova cúpula galega-- e elixe un modelo similar para o equipo económico.

Así, estarán o conselleiro de Facenda de Murcia, Luís Marín, responsable da Secretaría Económica; e a conselleira de Medio Ambiente de Madrid, Paloma Martín, como secretaria de Medio Ambiente. Tamén Jorge Martínez Antolín (Secretaría de Agricultura), José Vicente Marí (Secretaría de Industria) e Javier Thibault (Secretaría de Emprego).

Outro galego, que estivo ademais na dirección de Pablo Casado, o deputado por Lugo Jaime de Olano será o novo coordinador de Economía no Congreso. Compartirá comité de dirección na Cámara Baixa coa parlamentaria compostelá Marta González, que exercerá como coordinadora de Políticas Sociais.

Á beira de Esteban González Pons, na Vicesecretaría Institucional, estará outra galega, a ourensá Ana Vázquez, que se ocupará da Secretaría de Interior. Mentres que con Carmen Navarro, na área de Políticas Sociais, estará Ana Pastor, ligada a Pontevedra, secretaria de Sanidade.

E co ferrolán Miguel Tellado como vicesecretario de Organización Territorial estará o ourensán Antonio Rodríguez Miranda, tamén secretario xeral de Emigración na Xunta, que dirixirá o PP exterior.

Finalmente, o lucense José Manuel Barreiro seguirá como portavoz adxunto no Senado.

Temas: FEIJóO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta