Premio á traxectoria dramática de Lino Braxe, actor e director falecido en 2020

Recibirá o premio Marisa Soto a título póstumo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2022 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) outorgará o Premio Marisa Soto, a título póstumo, a Lino Braxe, "unha figura poliédrica, da nosa escena en particular e da nosa cultura en xeral, que deixou ao longo da súa ampla carreira unha fonda pegada en varias xeracións da profesión teatral", sinala a entidade.

Respecto diso, lembra que o seu traballo incluíu diferentes vertentes do oficio escénico, xa que cultivou a interpretación, a dirección, a escritura, a adaptación, o teatro radiofónico ou o teatro de base, entre outras facetas. Con este galardón, a AAAG quere recoñecer a traxectoria "dun autor multidiscipinar, un artista todoterreo cuxo compromiso coa cultura sempre foi un estandarte desde as diferentes frontes nos que militou", engade. A AAAG concede por segunda vez este premio a título póstumo, algo que só ocorreu previamente en 2014 cando o homenaxeado foi Xosé Manuel Olveira Pico.

Liño Braxe. EDUARDO CASTRO
Liño Braxe. EDUARDO CASTRO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta