O BNG demanda ao Estado máis traballadores e melloras nas instalacións do CAMF de Ferrol

Rego reúnese cos representantes sindicais e cos usuarios.

Por E.P. | Ferrol | 23/05/2022 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, demandou "a necesidade imperiosa" de que o Goberno do Estado, a través do Ministerio de Asuntos Sociais, "actúe de maneira inmediata na dotación do persoal que fai falla" no Centro de Atención a Persoas con Diversidade Funcional de Ferrol (CAMF). Así o trasladou nunha visita na mañá deste luns, 23 de maio, ao centro, onde se reuniu con representantes dos traballadores e tamén dos usuarios.

O deputado do BNG, Néstor Rego, con traballadores e usuarios do CAMF de Ferrol
O deputado do BNG, Néstor Rego, con traballadores e usuarios do CAMF de Ferrol | Fonte: Europa Press

Ao termo do encontro, Rego detallou que "dun cadro de persoal de 157 traballadores, hai 23 prazas que non foron cubertas. Por iso, a "necesidade urxente para que se cubran de maneira definitiva e canto antes as prazas", as cales "afectan o servizo que se presta".

Ademais, o representante nacionalista pediu que "se poida desenvolver unha actuación integral do centro para garantir un mínimo de calidade de vida e confort aos seus usuarios, que neste momento non existe". Detalla a necesidade de actuar "en xanelas, que non reúne as condicións dunha eficiencia enerxética e para garantir que non se pase frío no inverno ou calor no verán".

Como terceira demanda, Rego requiriu "os recursos necesarios para poder recuperar todas as actividades, como os talleres permanentes que existían e outras iniciativas que se han ido abandonando nos últimos anos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta