O sector cultural galego, resentido pola inflación: o prezo dos libros aumenta un 2,5%

O Observatorio da Cultura Galega subliña que baixa o número de fogares que prevén poder asistir a algún espectáculo cultural proximamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2022 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega alerta de que a recuperación do sector cultural galego vese "condicionada" pola inflación. Destaca que os prezos de libros, prensa e os artigos de papelería son os que máis se resenten ao aumentar un 2,5% debido ao encarecemento da subministración de papel.

O último informe de conxuntura do Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello, apunta que o sector cultural experimentou máis tarde e en menor medida a alza de prezos respecto doutros sectores.

Os servizos recreativos, deportivos e culturais incrementaron os seus prezos entre un 0,8% e un 1,1%. En cambio, o subgrupo que aglutina os equipos audiovisuais, fotográficos e de procesamento de información presentan unha baixada do 2,7%.

No entanto, o Observatorio subliña que a confianza dos consumidores mellorou nos últimos meses, aínda que baixa o número de fogares que prevén poder asistir a algún espectáculo cultural proximamente.

Feira do Libro de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Feira do Libro de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta