Temas: A CORUñA ROUBO

Volven deter a un home con antecedentes tras catro novos roubos con forza na Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2022 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron na Coruña a un home de 36 anos con antecedentes pola comisión de catro roubos con forza, ocorridos todos eles nas proximidades do barrio de Elviña. Tras iso, foi enviado a prisión provisional pola a autoridade xudicial.

Imaxe dun coche da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL
Imaxe dun coche da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL

Así o informou a Policía Nacional, que relatou que o primeiro dos roubos ocorreu o pasado ano, na noite do 23 ao 24 de setembro, cando un home forzou a porta de acceso a unha caseta de obra e conseguiu levar dous computadores portátiles, diverso material informático e documentación.

Cinco días despois, o mesmo home rompeu unha xanela dun complexo deportivo, tamén de noite, aínda que esa vez só conseguiu levar unhas chaves dunha caixa de caudais. O autor deses roubos accedeu por unha xanela a unha casa da zona do Martinete o pasado día 29 de abril. Era de noite e os moradores do inmoble durmían no interior mentres se materializa o roubo. Nesta ocasión o ladrón levou 300 euros, un reloxo e documentación.

O último roubo tivo lugar tamén durante a noite do día 1 deste mes nun despacho do campus universitario de Elviña, onde, tras forzar unha xanela, entraron e subtraeron un computador portátil e diverso material informático.

As pescudas e investigacións policiais realizadas ao longo destes meses polo grupo de Investigación do Distrito Sur da Coruña levaron á identificación do autor dod catro roubos relatados. O detido, de 36 anos de idade e que xa contaba con antecedentes, foi finalmente localizado e detido o día 19, tras o que pasou a disposición xudicial e foi enviado a prisión.

Temas: A CORUñA ROUBO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta