(Vídeo) A Policía Local de Ourense persegue un xabaril pola cidade: "o tipo flipou"

O vídeo vén de ser criticado polos colectivos ecoloxistas da cidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2022 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Novos avistamentos de xabarís na cidade de Ourense. Un exemplar dos tamén chamados porcos bravos volveu pasear polas rúas da cidade auriense, deixando, desta vez, unha metraxe que vén de ser fortemente criticada polas asociacións ecoloxistas locais. O achado do animal correu ao cargo dunha patrulla da Policía Local da cidade, que, segundo apuntan Ecoloxistas en Acción, foron tamén os responsables da difusión dun vídeo tomado dende o coche patrulla.

Avistamento dun xabaril en Ourense
Avistamento dun xabaril en Ourense | Fonte: Policía Local

No vídeo apréciase como os axentes perseguen o xabaril pola cidade, chegando a prender as sereas nalgún momento, ante o cal o animal, visiblemente alterado, empredeu a fuxida cruzando no camiño cun viandante. "O tipo flipou", apunta entón un dos axentes, antes de proferir unha gargallada que non vén de caer moi ben nas plataformas verdes da comarca. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta