Expertos reclaman máis fusións entre concellos para "mellorar" a administración

Así se destila dun informe encargado pola Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2022 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Fusións voluntarias e potenciar a coordinación son algunhas das vías propostas por expertos, técnicos e políticos para superar os problemas derivados da pequena dimensión dos concellos e mellorar a calidade dos servizos. Así o reflicten, segundo informou a Xunta, as entrevistas cualitativas realizadas ao longo dos meses de abril e maio, no marco do traballo impulsado pola Dirección Xeral de Administración Local en colaboración coa Fundación Juana de Vega e as tres universidades galegas para o estudo da planta local galega e o impulso de novos procesos de fusión municipal.

Os resultados das enquisas feitas entre unha trintena de expertos fosen analizadas esta semana nunha reunión que presidiu a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e á que asistiron tamén representantes da Fundación Juana de Vega e dos equipos das tres universidades galegas que participaron no estudo.

As entrevistas foron realizadas a representantes da área política (alcaldes, alcaldesas, concelleiras e outros representantes políticos), a técnicos (secretarios dos concellos, interventores e outras figuras técnicas ligadas á administración local) e a outros representantes da sociedade civil (empresarios, profesionais, profesores, gandeiros e representantes dos traballadores, entre outros).

O seu obxectivo era coñecer a opinión sobre o diagnóstico da situación dos concellos, as alternativas para que estes melloren a prestación de servizos e tamén coñecer as implicacións que podería ter a reforma da planta municipal. Os entrevistados poñen énfase nas carencias e deficiencias, podéndose clasificar estas en catro grandes grupos.

XESTIÓN "DEFICIENTE" E PERDA DEMOGRÁFICA

O primeiro grupo de deficiencias é o relacionado coas dinámicas poboacionais ou sociais, como a perda demográfica e o envellecemento; o segundo céntrase nos aspectos da xestión dos concellos pondo a énfase na deficiente xestión, a falta de autonomía ou a falta de coordinación institucional. O terceiro grupo fai referencia aos problemas económicos, falta de recursos, falta de persoal cualificado, carencia de infraestruturas, ou a elevada dependencia económica doutras administracións.

Por último, estarían as cuestións territoriais relativas á dispersión e o tamaño e, en xeral, á ausencia dun modelo territorial. Dentro destas carencias, as que teñen maior peso no argumentario dos entrevistados son as económicas, seguidas das de xestión, situándose en último lugar as territoriais.

Reunión sobre o informe de reforma da planta local.. XUNTA
Reunión sobre o informe de reforma da planta local.. XUNTA | Fonte: Europa Press

No que se refire a as alternativas para a mellora da prestación de servizos, conclúese que é preciso actuar e acometer reformas da planta municipal, aínda que empregan diferentes lóxicas contrapostas para esta análise.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José Luis

Es un insulto a la inteligencia que este grupo de expertos NO PROPONGA COMO PRIORITARIO EL CIERRE DE LAS DIPUTACIONES y el traspaso a la Xunta de las competencias impropias. A partir de ahí fusiones de municipios por decreto donde prime el criterio de población. Menos de 10.000 habitantes es ineficiente y se sobrevive con las subvenciones.