Biólogos piden incluír aos observadores científicos na Lei de Pesca Sustentable

Din que coa nova lei quedaron relegados a un "nicho de traballo marxinal e precario".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2022 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

O Colexio oficial de Biólogos de Galicia (COBGA), xunto ao Colexio oficial de Biólogos de Canarias (COBCAN), solicitou aos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados que se teña en conta ao colectivo dos observadores de pesca ou observadores científicos na Lei de Pesca Sustentable.

En concreto, que se lles inclúa expresamente entre os beneficiarios dos coeficientes reductores na tramitación do proxecto de Lei de Pesca Sustentable e Investigación Pesqueira.

Esta iniciativa forma parte das reunións mantidas entre ambas as entidades co colectivo de observadores, mediante as cales se creou un grupo de traballo que ten como finalidade estudar as posibles melloras nas súas condicións laborais.

"O observador de pesca ou observador científico foi unha figura que se estableceu desde principios do século XX co inicio das campañas do Instituto Español de Oceanografía (IEO) en caladoiros de pesca españois e doutros países.

"Sendo clave a figura do observador científico para a conservación dos ecosistemas mariños e para a súa correcta e sustentable explotación paradoxalmente quedou relegado a un nicho de traballo marxinal e precario", argumenta para a súa reclamación.

Imaxe dun peixe víbora tomada tomada polo biólogo vigués Álvaro Roura Labiaga
Imaxe dun peixe víbora tomada tomada polo biólogo vigués Álvaro Roura Labiaga | Fonte: Nikon Small World.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta