Formoso esixe á Xunta medidas "urxentes" ante o "colapso sanitario" en Galicia

Di estar disposto a falar con Rueda para abordar esta situación.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/05/2022 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiu á Xunta medidas "urxentes" ante o "colapso sanitario" en Galicia, segundo manifestou, en declaracións aos xornalistas. "Hai que esixir medidas inmediatas que eviten o que está a pasar nos servizos de urxencias, colapsados nos corredores, con pacientes que levan 48 horas esperando a que se lles asigne unha habitación".

Para Formoso, esta é "unha situación propia dos anos 60". "Hai xente esperando oito meses a un diagóstico especializado, con listas de espera operatorias e na Atención Primaria ata 14 días para un primeiro diagnóstico". "É unha situación de colapso sanitario", reiterou Formoso, quen a cualificou tamén de "alarmante" por pór, ademais, ao sistema sanitario galego "en cuestión á vista da sociedade galega".

Por todo iso, dixo que os socialistas galegos esán dispostos a "sentar" co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "para priorizar as partidas orzamentarias" para abordar a situación sanitaria.

O tamén presidente da Deputación da Coruña fixo estas declaracións coincidindo coa súa presenza na inauguración dunha xornada sobre o ciclo da auga, na Facultade de Dereito do campus coruñés.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta