Inician unha campaña contra o Tratado Internacional sobre Pandemias impulsado pola OMS

Tíldano de "malvado plan duns criminais".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2022 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A Organización Mundial da Saúde (OMS) traballa nun Tratado Internacional sobre pandemias que xa ten os primeiros detractores. A asociación Domo Galicia vén de lanzar unha campaña contra o "malvado plan duns criminais" co que pretende frear a constitución do tratado por considerar que ataca a sobería nas nacións integradas na organización. 

Arquivo - O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, durante a reunión do Comité de Emerxencias da OMS. En Xenebra (Suíza), a 14 de xaneiro de 2021.. OMS - Arquivo
Arquivo - O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, durante a reunión do Comité de Emerxencias da OMS. En Xenebra (Suíza), a 14 de xaneiro de 2021.. OMS - Arquivo

De acordo coa plataforma, que desenvolve a campaña da man doutras organizacións, a pandemia serviu para atacar "seriamente" diversos dereitos fundamentais que agora se poderían ver máis atacados. Agora, para frear tal tratado, veñen de iniciar unha recollida de sinaturas que inclúe tamén un escrito de oposición á proposta. Segundo explican, este será enviado tanto á cúpula da OMS como aos representantes do Goberno de España que participan no grupo de traballo sobre o Tratado.

A recollida de sinaturas, non dispoñible en galego, estaría aberta ata o vindeiro 20 de xuño e, polo momento, recolleu xa case 12.000 sinaturas de apoio a través da súa páxina web. "É vital e urxente que se saiba, que se desvele este ataque á soberanía das nacións, que o Pobo plantemos cara para evitar que prospere o malvado plan destes criminais", inciden.

É vital e urxente que se saiba, que se desvele este ataque á soberanía das nacións, que o Pobo plantemos cara para evitar que prospere o malvado plan destes criminais. Por iso poñemos á túa disposición a páxina:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta