Médicos de urxencias reclaman a especialidade e alertan de que o sistema sanitario ten "rotas as costuras"

Lembran que "en máis de 22 países de Europa existe a especialidade".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/05/2022 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Médicos de urxencias galegos reclamaron a especialidade destes profesionais e alertaron de que no sistema sanitario están "rotas as costuras" tras a pandemia. Coincidindo co Día Mundial das Urxencias e Emerxencias, representantes en Galicia da Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias (SEMES) procederon, na praza de María Pita, á lectura dun manifesto con participación tamén da alcaldesa herculina, Inés Rey.

Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus
Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus | Fonte: EP

"Somos a válvula de escape do sistema", dixo o presidente de SEMES Galicia, José Manuel Fandiño, que, xunto ao delegado provincial na Coruña, Manuel Ferreiro, participou no acto.

Ao fío diso, e preguntado se se pode falar de "colapso" neste servizo, sinalou que os hospitais galegos están "a bater unha marca de atención". "O colapso é o colapso do sistema", dixo.

Ademais, e debido ao volume de pacientes que atenden en Urxencias, reclamou que se cre a especialidade dos profesionais deste servizo.

"En máis de 22 países de Europa existe a especialidade, é o momento de que se tome a decisión política de crear a especialidade, igual que se fixo con medicina forense ou psiquiatria infanto-xuvenil", expuxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta