Deseñan en Ferrol un prototipo de bicicleta manexada por radiocontrol

A Universidade da Coruña avanzou que está previsto que o proxecto teña continuidade o próximo curso académico, coa intención de ampliar a funcionalidade do prototipo e de aproximalo a unha condución máis autónoma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Cinco estudantes da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol deseñaron un prototipo de bicicleta que se manexa a través dunha emisora de radiocontrol.

Álvaro Varela, Santiago Blanco, Eduardo Sobrino, Pablo Ruibal e María Camila Herrera, deseñaron e construíron este prototipo no marco de dúas materias optativas de cuarto curso dos graos en Enxeñaría Mecánica e en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, 'Proxecto Interdisciplinar I' e 'Proxecto Interdisciplinar II'. Na primeira materia, o alumnado levou a cabo a fase de deseño conceptual e na segunda, a súa construción.

Segundo detallou a Universidade da Coruña, o alumnado, convidado polo profesor e investigador Emilio Sanjurjo, deseñaron e construíron unha bicicleta de radiocontrol que se estabiliza a través dos movementos da súa propia dirección. Deste xeito, e grazas a unha bicicleta cedida por Ciclos Roca, os alumnos debían de poder manexar por remoto este prototipo, con capacidade para acelerar o seu movemento e tamén de modificar a traxectoria.

Así mesmo, a Universidade avanzou que está previsto que o proxecto teña continuidade o próximo curso académico, coa intención de ampliar a funcionalidade do prototipo e de aproximalo a unha condución máis autónoma.

Álvaro Varela, Santiago Branco, Emilio Sanjurjo, Eduardo Sobrino e Pablo Ruibal, co prototipo de bicicleta de radiocontrol, fronte ao Edificio de Talleres do Campus Industrial de Ferrol.. UDC
Álvaro Varela, Santiago Branco, Emilio Sanjurjo, Eduardo Sobrino e Pablo Ruibal, co prototipo de bicicleta de radiocontrol, fronte ao Edificio de Talleres do Campus Industrial de Ferrol.. UDC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta