"A oferta de aloxamento a persoal sanitario en Sanxenxo é unha manobra cutre e populista"

Así se expresa a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, que incide en que a falta de persoal ten que ver coa ausencia dunhas condicións de traballo dignas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2022 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública tachou de "manobra de mercadotecnia cutre e populista" a medida anunciada polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, de facilitar vivenda provisional ao persoal de atención primaria que desexe traballar no municipio. Aseguran ademais que a falta de persoal non ten que ver coa falta de vivenda, "senón cunhas condicións de traballo dignas".

A través dun comunicado, a asociación insiste en que a causa da falta de profesionais son as condicións laborais "indignas caracterizadas pola inestabilidade e a precariedade laboral, que obriga a emigrar a parte do persoal". Afirman tamén que a medida "atenta contra a dignidade profesional do persoal sanitario"; "unha volta aos anos nos que o municipio proporcionaba vivendas ao persoal médico de Asistencia Pública Domiciliaria (APD) para compensar uns salarios de miseria".

"A poboación debe saber que a solución non pasa por recorrer á privatización: a oferta de seguros privados a 15 euros non garanten a cobertura da demanda (serían necesarios 600 euros) e as condicións laborais do persoal que traballa nas aseguradoras é dunha gran explotación con salarios de miseria (15-30 euros por consulta de medicamento xeral ou 30-50 da especializada), que lles obriga a masificar as axendas e a prestar unha atención de baixa calidade", explicaron.

Por último, aseguraron que a solución tampouco pasa por "adoptar medidas populistas" que fidelicen o persoal, "senón por un cambio na política de persoal sanitario".

Manifestación en Santiago en defensa da sanidade pública
Manifestación en Santiago en defensa da sanidade pública | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta