O retroceso da industria galega provoca o estancamento da economía galega

A actividade económica de Galicia modera o seu crecemento no mes de marzo, xa que aínda que sobe o turismo, baixan os indicadores industriais

Por Galicia Confidencial | Vigo | 30/05/2022 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia amosou no mes de marzo un incremento interanual do +2,0%. Este crecemento persiste na reducción no ritmo de recuperación da actividade económica en Galicia iniciado en novembro do ano pasado.

Contenedores de Exportación. EUROPA PRESS - Archivo
Contenedores de Exportación. EUROPA PRESS - Archivo

O dato do mes de marzo, ao igual que todo o primeiro trimestre do ano amosa como os atrancos motivados pola falla de subministros e a alza dos prezos nas materias primas están a pasar factura ao conxunto da economía galega.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador, ao igual que en meses anteriores continua o salientable comportamento das variables referentes ao sector turístico (viaxeiros entrados e transportes de pasaxeiros) con crecementos interanuais superiores ao 50%.  En sentido contrario, a cifra de negocios na industria sufre un retroceso salientable de máis dun 30% en termos interanuais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta