Sete vítimas máis aumentan a 879 as mortes en residencias de maiores pola covid-19 en Galicia

Os falecementos de residentes de centros de maiores con Covid-19 confirmado por Proba Diagnóstica de Infección Activa (PDIA) desde o inicio da pandemia o 14 de marzo de 2020 ata o pasado 22 de maio de 2022 ascenden a 879, despois de rexistrarse outro sete vítimas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/05/2022 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

Os falecementos de residentes de centros de maiores con Covid-19 confirmado por Proba Diagnóstica de Infección Activa (PDIA) desde o inicio da pandemia o 14 de marzo de 2020 ata o pasado 22 de maio de 2022 ascenden a 879, despois de rexistrarse outras sete vítimas. Así se desprende do último informe actualizado unha vez por semana polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) con datos ata o 22 de maio.

Dúas persoas maiores pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo
Dúas persoas maiores pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

No informe detállase que en España morreron en centros de maiores nese período 22.622 residentes, dos cales 879 corresponden a Galicia, sete deles entre o 16 e 22 de maio.

Desde o 14 de marzo de 2020 ata o 22 de maio --as comunidades autónomas remiten ao Imserso datos sobre a situación dos centros residenciais do seu territorio, tanto de maiores, como para persoas con discapacidade e outros aloxamentos permanentes de servizos sociais dirixidos aos colectivos anteriores--, en España faleceron con Covid en centros de maiores 22.622 usuarios, 71 deles na semana do 16 ao 22 de maio.

No conxunto de residencias en Galicia, na semana do 16 ao 22 de maio rexistráronse 213 usuarios con Covid-19 confirmados por PDIA nun total de 42 centros. En toda España ascenden a 4.126 en 797 destas instalacións.

Do total de Galicia, 175 casos de Covid-19 corresponden a usuarios de 33 residencias de maiores nesa semana, que desde o 14 de marzo de 2020 ata o 22 de maio suman 14.179 persoas con esta enfermidade, de 235.254 en toda España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta