Sobe a 3,2% a porcentaxe de camas ocupadas por pacientes Covid en UCI

A media nacional redúcese a 3,98% mentres que a taxa de ocupación por 100.000 habitantes baixa en Galicia a 19,18.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2022 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A porcentaxe de camas UCI ocupadas por pacientes Covid-19 en Galicia aumentou ao 3,22 por cento con respecto ao venres pasado, mentres que a media nacional redúcese ao 3,98%.

Así se desprende do informe publicado este martes, 31 de maio, polo Ministerio de Sanidade, recollido por Europa Press, --que se actualiza dúas veces por semana-- no que se indica que os pacientes ingresados ata o 30 de maio reducíronse en Galicia a 517, fronte aos 536 do venres pasado, de entre os 6.817 no conxunto de España, mentres soben a 24 o críticos --catro máis-- dos 355 de todo o país.

A taxa de ocupación por 100.000 habitantes baixa en Galicia a 19,18 e a do conxunto de España descende ao 14,39, mentres que no caso da UCI sobe ao 0,89 na Comunidade galega e cae ao 0,75 no conxunto do país.

Pola súa banda, a taxa de novos ingresos por 100.000 habitantes redúcese ao 11,39 en Galicia, fronte ao 12,12 da media nacional; mentres que no caso de UCI ascende ao 0,67, mentres que o cociente estatal cae ao 0,65.

INCIDENCIA ACUMULADA

En canto á incidencia acumulada en Galicia en maiores de 60 anos --nos que se centra actualmente a estratexia de control da Covid-19 en España--, segundo os datos actualizados este martes, descende a 768,39 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal cae a 663,22.

Por franxas de idade, na de 60 a 69 anos baixa a 712,18 casos por 100.000 habitantes --532,39 de media en España--; mentres que a de 70 a 79 anos descende a 785,86 --fronte á media nacional de 721,68-- e en maiores de 80 anos cae a 830,67 --o cociente estatal é de 833,03--.

FALECIDOS E PROBAS

Segundo o citado informe, ata o 29 de maio de 2022 faleceron pola Covid en Galicia 3.486 persoas das 106.493 en España, delas 16 no últimos sete días de entre 199 no conxunto do Estado. A taxa de mortalidade global da pandemia por 100.000 habitantes ascende lixeiramente a 129,02, fronte á media nacional de 224,43. Polo seu lado, a taxa semanal de mortalidade por millón de persoas aumenta a 18,18, fronte ao 9,58 estatal.

Con todo, a Comunidade galega mantén a letalidade global da pandemia máis baixa de España, co 2,2%, fronte á media nacional do 4,2%, seguida de Canarias (2,4%).

En canto ás probas diagnósticas realizadas entre o 21 e o 27 de maio pasado situáronse en 11.901 de entre as 166.396 feitas en toda España, cunha taxa por 100.000 habitantes de 1.349,55, fronte á media estatal de 1.350,83. E a positividade baixa ao 33,84 por cento, mentres que no conxunto do Estado descende ao 28,48%.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta.   / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta