O comité de Xeal denuncia á empresa e a a Xunta por "desmantelar" a planta

Responsabilizan á administración de amparar a "impunidade" da empresa ao non obrigarlle a cumprir as cláusulas do contrato.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Xeal presentou unha denuncia contra a Xunta, Ferroatlántica, o fondo Ithaka Partners e Xeal polo "desmantelamento" da planta, no que aprecian a continuación da "fraude" cometida na venda da factoría de ferroaleacións por parte de Ferroglobe.

Nun comunicado difundido este mércores polo sindicato CIG, o comité explicou que a querela está dirixida contra a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, o conselleiro delegado do grupo Ferroatlántica, Marco Levi, os administradores do fondo Ithaka Partners e o apoderado de Xeal.

Os representantes dos traballadores xustificaron que dan este paso "ante a pasivididade reiterada" do Goberno galego á hora de "requirir á empresa que cumpra coas cláusulas esenciais das concesións hidroeléctricas e as diferentes sentenzas xudiciais que avalan a vinculación das actividades enerxética e de produción de ferroaleaciones".

Deste xeito, cren que os suxeitos contra os que se dirixe a denuncia poden ser responsables de delitos de prevaricación por omisión, prevaricación polo ditado dunha resolución inxusto e dun delito contra os traballadores. Por tanto, consideran que a actitude da Xunta fai que a empresa "se sinta cada vez máis impune" para "avanzar no proceso de desmantelamento" das fábricas e a consecuente "destrución" de postos de traballo, o que "pon en risco" a viabilidade das plantas de Cee e Dumbría.

"Vémonos no deber de ter que denunciar penalmente a operación de compra venda para salvagardar os intereses dos traballadores e traballadoras presentes, dos que poidan entrar no futuro, do colectivo de persoal pasivo, e garantir o futuro industrial da comarca", trasladou o comité.

Planta de Xeal en Cee / Xeal - Europa Press / Europa Press
Planta de Xeal en Cee / Xeal - Europa Press / Europa Press

XUNTA

A Xunta defendeu que "vela de forma estrita" polo cumprimento das condicións da concesión que liga a explotación da central hidroeléctrica de Santa Uxía, no río Xallas, á produción de ferroaleacións nas plantas de Cee e Dumbría da antiga Ferroaltántica, na actualidade Xeal.

Neste sentido, apuna que "a modificación solicitada pola empresa Xeal sobre a concesión hidroeléctrica de Santa Uxía xa outorgada, en tramitación a día de hoxe, non implica en modo ningún alteración dos condicionantes da concesión impostos desde os anos 90 en relación co cumprimento da cláusula de non segregación das actividades de produción de enerxía eléctrica e de ferroaleaciones".

"Esa condición continúa sendo de obrigado cumprimento para a empresa e non só en relación co salto de Santa Uxía, senón tamén coas concesións outorgadas no río Xallas e Grande", remarcan estas mesmas fontes do Goberno galego, que subliñan o seu "firme compromiso co estrito cumprimento das cláusulas concesionais" e que "en caso de advertir" o seu incumprimento "actuaría para extinguir os dereitos outorgados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta