Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 01/06/2022 | Actualizada ás 15:54
Unha muller que quedou atrapada no seu vehículo, co que sufriu unha saída de vía na parroquia ferrolá de Marmancón, tivo que ser liberada e trasladada ao hospital.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 9,30 horas deste mércores á altura de Canteiras Ferrolás.
Ata o lugar acudiron os bombeiros da cidade para liberar á muller e facilitar a asistencia dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen, despois de ofrecer os primeiros coidados, trasladaron a ferida ao Hospital Arquitecto Marcide.
Pola súa banda, os axentes da Policía Local, avisados polo 112 Galicia, confirmaron que a muller foi a única afectada o accidente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.