A Deputación da Coruña reúne os seus sete presidentes para conmemorar os 200 anos

Formoso destaca a capacidade da institución provincial de "adaptarse aos tempos".

Por E.P. | A CORUÑA | 01/06/2022 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña celebrou este mércores un pleno extraordinario para conmemorar o día do bicentenario da súa constitución oficial, o 1 de xuño de 1822. Fíxoo reunindo os sete presidentes do organismo provincial durante a etapa democrática.

Enrique Marfany (1979-1987), José Manuel Romay Beccaría (1987-1989), Salvador Fernández Moreda (1989-1995 e 2003-2011), Augusto César Lendoiro ( 1995-1999), José Luís Torres Colomer (1999-2003) e Diego Calvo Pouso (2011-2015) acompañaron ao actual presidente, Valentín González Formoso e interviñeron durante a sesión.

Formoso agradeceu a presenza dos presidentes "nun día histórico, no que a Deputación cumpre 200 anos ao servizo dos concellos e da cidadanía da provincia da Coruña". O presidente provincial fixo un breve repaso da historia dunha institución que atravesou períodos de monarquía, república, ditadura e democracia, pero que sempre foi "capaz de adaptarse aos tempos" e aos "cambios históricos do país", expuxo.

"Pouco ten que ver aquela Deputación da beneficiencia, da extensión da iluminación e os camiños coa de hoxe, que presta os seus servizos en liña, que atende máis de 3.000 persoas maiores coa teleasistencia, que crea infraestruturas nos 93 concellos ou que impulsa unha gran rede de centros de coworking para que o talento da mocidade galega non teña que emigrar", apuntou.

Nas súas distintas intervencións, os anteriores responsables do organismo provincial apelaron a ter en conta o papel desta institución e o "espírito de consenso", reivindicando, ademais, as súas funcións e o seu traballo "útil" para os pequenos concellos.

Acto de conmemoración dos 200 anos da Deputación da Coruña cos seus presidentes en etapa democrática. TORRECILLA
Acto de conmemoración dos 200 anos da Deputación da Coruña cos seus presidentes en etapa democrática. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta