A pandemia e o descubrimento infantil do galego entre a temática dos premios de PuntoGal e a RAG

Antonio Cepeda Fandiño, Antía Novas Arribas e Elena Pastoriza Cortizo, galardoados cos primeiros premios nas distintas categorías

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/06/2022 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal premiaron un total de nove microrrelatos que abordan cuestións como a pandemia, as feridas da vellez na memoria e o descubrimento infantil do galego no seu V Concurso de microrrelatos, que consolida o éxito de participación entre xente de todas as idades con máis de 900 contos presentados.

Nun comunicado, a RAG detallou que Antonio Cepeda Fandiño (Santiago de Compostela, 1967), Antía Novas Arribas (Bueu, 2004), e Elena Pastoriza Cortizo (Bueu, 2012) fixéronse cos primeiros premios nas categorías de adultos, xuvenil e infantil, respectivamente.

Os segundos premios son para Carlos Neira Suárez (Mugardos, 1950), Lucas González Pérez (Ourense, 2005) e Marina Cabrera Vives (2012), nacida en Tarragona e residente en Castrelo de Miño; e os terceiros para Anabel Rodríguez Vázquez (Castro Caldelas, 1967), Carlota Alcalde Lorenzo (Noia, 2006) e Ximena Landeira Lista (Santiago de Compostela,2010).

O xurado da categoría de adultos --composto polo presidente da RAG Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal e tamén académico, Manuel González González; a académica correspondente Olivia González; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a xornalista e integrante do comité de redacción de Luzes Marta Otero-- avaliou case 500 relatos de ata 200 palabras presentados por persoas maiores de idade residentes en Galicia, outras comunidades e países como Suíza ou Brasil.

A RAG e PuntoGal premian 9 microrrelatos que abordan asuntos como a pandemia e o descubrimento infantil do galego. RAG
A RAG e PuntoGal premian 9 microrrelatos que abordan asuntos como a pandemia e o descubrimento infantil do galego. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta