Saca a prótese da súa perna e úsaa para golpear un coche aparcado diante do seu garaxe en Pontevedra

Trátase dun veciño da zona, de 27 anos, con antecedentes por alteración da orde pública. O home foi identificado posteriormente, e denunciado.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/06/2022 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Un home de 27 anos, veciño de Pontevedra, sacou a prótese que utiliza nunha das súas pernas e utilizouna para golpear un coche aparcado diante da porta do seu garaxe.

Segundo informou a Policía Local, os feitos producíronse o pasado 28 de maio na rúa Pintor Laxeiro, no centro urbano de Pontevedra. Unha muller aparcara o seu vehículo "un momento" nun vao fronte á saída dun garaxe e cando regresou atopou o coche "cunha porta perforada".

Unha testemuña explicou á Policía Local que vira un home saír camiñando do garaxe e ao achegarse ao coche estacionado, sacou a perna ortopédica e con ela golpeara a porta do vehículo dicindo: "Así aprenderás".

A persoa que presenciou o incidente achegou aos axentes unha fotogafía que lle realizou ao autor dos feitos. "Nós xa coñeciamos de antemán a esta persoa", indicou a Europa Press o portavoz da Policía Local de Pontevedra.

Trátase dun veciño da zona, de 27 anos, con antecedentes por alteración da orde pública. O home foi identificado posteriormente, e denunciado.

Estado en que quedou o coche que un home rompeu coa prótese da súa perna
Estado en que quedou o coche que un home rompeu coa prótese da súa perna | Fonte: Policía Local de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta