Sanidade di que traballa "con boa disposición" para buscar "solucións" para Medicina Interna

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu en que traballan para "cubrir as vacantes pendentes" desta especialidade e "analizando as cargas de travajo para homoxeneizalas" e "se fai falta algún reforzo puntual mentres a OPE non se fai".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2022 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu este luns en que a Xunta traballa "con boa disposición" para "buscar posibles solucións" para a situación dos servizos Medicina Interna nos hospitais galegos, tras a denuncia de sobrecarga por parte de médicos, á vez que reprochou que "algún sindicato tente quentar o ambiente" no marco dun "suposto conflito encamiñado".

Así o manifestou, a preguntas dos medios antes de participar na presentación en Santiago dun ensaio clínico sobre un fármaco para tratar a Covid-19, lembrou que na reunión do xoves pasado con xefes de servizo e xerentes das áreas sanitarias tomaron "unha serie de acordos" para "cubrir todas as vacantes" nos servizos "e atrasar a OPE e traslados" que non se fagan efectivos ata o 1 de outubro.

"Son dúas medidas que estaban na orixe dese contacto que fixeron os xefes de servizo", afirmou Comesaña preguntado sobre se a Consellería ten previsto reunirse cos médicos que, a través dun par de escritos, denunciaron sobrecarga en Medicina Interna dos hospitais. "Está a analizarse cos servizos a situación en cada área e tomarán as medidas oportunas por parte das áreas sanitarias", destacou.

Comesaña insistiu en que traballan para "cubrir as vacantes pendentes" desta especialidade e "analizando as cargas de travajo para homoxeneizalas" e "se fai falta algún reforzo puntual mentres a OPE non se fai".

Para o conselleiro, responderon "a todo o que trasladaron os xefes de servizo, que son os responsables da tarefa e os interlocutores dos adxuntos". "Hai un sindicato que está a tentar quentar o ambiente e intervir nun suposto conflito que temos encamiñado a través dos xefes de servizo", reprochou. "Se hai que falar cos sindicatos, falaremos cos que están en Mesa Sectorial, que son os que teñen representación", concluíu.

"EN MARCHA"

Con todo, reiterou que "o tema está en marcha" e Sanidade traballa para "buscar posibles solucións". "Estou seguro de que se van a atopar, tanto para atender aos hospitais grandes, como os comarcais, nos que está a orixe desta situación", sentenciou.

Comesaña confía en que os xefes de servizo "sigan representado a todos os adxuntos dos servizos" porque "están para iso". Con todo, afirmou que seguirán "coa boa disposición" por parte da Xunta, polo que "non vai haber problemas".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en declaracións aos medios. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en declaracións aos medios. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta