Os sindicatos retoman este martes a folga do metal na provincia da Coruña tras fracasar o diálogo coa patronal

Demandan un "convenio digno".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 06/06/2022 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

CIG-Industria fixo un chamamento a todas as traballadoras e traballadores do sector do siderometal da provincia da Coruña a secundar as xornadas de folga convocadas desde este martes, día 7, en demanda dun "convenio digno".

Folga do sector siderometal na provincia da Coruña
Folga do sector siderometal na provincia da Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

A patronal e sindicatos --CIG, CCOO e UGT-- non chegaron a un acordo na última reunión, celebrada este luns. Por iso, mantéñense tamén as xornadas de folga dos días 8, 9, 28, 29 e 30 de xuño.

Segundo Eduardo Caamaño, secretario comarcal de CIG-Industria, a representación social tiña "dúas liñas vermellas": a subrogación e a suba salarial co IPC de 2021. Respecto do tema da subrogación, apunta que pola parte empresarial "estarían dispostos a entrar nela sen pór limitacións ao número de traballadores da empresa principal", sinala

Con todo, indica que respecto da suba salarial mantense a discrepancia en relación ao ano 2021 e que iso imposibilitou o acordo. En todo caso, manifestan a súa disposición a seguir negociando.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta