A produción industrial esborrállase en Galicia un 8% en abril, a maior caída do Estado

A maior caída é a de confección de pezas de vestir, a industria do calzado e da madeira.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/06/2022 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O índice Xeral de Produción Industrial (IPI) esborrallouse en Galicia un 8% en abril, en comparación co mesmo mes de 2021, segundo datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Desta maneira, Galicia situouse como a comunidade española onde máis caeu a produción industrial no cuarto mes do ano, mentres que a media do estado rexistrou unha baixada do 0,4%, tras cinco meses en positivo. No que vai de ano, a produción industrial galega diminuíu un 6,5% se se compara cos datos do primeiro cuadrimestre do exercicio anterior, mentres que no total de España subiu un 2%.

DATOS ESTATAIS

A nivel estatal, o Índice Xeral de Produción Industrial baixou un 0,4% en abril en relación ao mesmo mes de 2021, taxa oito décimas inferior á do mes anterior, sempre segundo informa o INE. Co dato de abril, a produción industrial retorna aos descensos tras cinco meses consecutivos de taxas interanuais positivas.

A produción da industria dos bens intermedios foi a que máis se resentiu en abril, ao rexistrar unha caída interanual do 3,7%. Seguíronlle os bens de equipo, cun retroceso do 1,6%. O resto de sectores elevaron a súa produción no cuarto mes do ano, especialmente a enerxía (+3,9%) e os bens de consumo duradeiro (+3,5%). Os bens de consumo non duradeiro, pola súa banda, incrementaron a súa produción un 1,7% interanual.

Por ramas de actividade, as que máis incrementaron a súa produción en taxa interanual foron a confección de pezas de vestir (+21,9%); a industria do coiro e do calzado (+21%), e a industria da madeira e da cortiza (+10,8%).

Polígono industrial A Granxa - Galicia Naves
Polígono industrial A Granxa - Galicia Naves

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta