Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2022 | Actualizada ás 13:13
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou a incorporación de 26 profesionais da enfermaría na especialidade de saúde mental ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) nos tres últimos anos.
Segundo indica a Xunta nun comunicado, o Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024 prevé a incorporación de 241 novos profesionais nesta especialidade, dos que case un terzo --66-- son especialistas en enfermaría de saúde mental. "Ata o momento contratamos á metade dos profesionais previstos --120--, e deles, 26 son de enfermaría", aseverou Comesaña.
O titular do departamento sanitario da Xunta realizou estas declaracións no marco da inauguración este martes o III Xornada Galega de Enfermaría de Saúde Mental, celebrada no Hospital Lucus Augusti.
PERSOAL "FUNDAMENTAL"
Comesaña sinalou que o persoal de enfermaría especializado neste ámbito é "fundamental" para levar a cabo os programas de prevención do suicidio, así como para o "adecuado funcionamento" das unidades de saúde mental.
Así mesmo, o conselleiro incidiu na "necesidade de apoiar, visibilizar e traballar" na prevención dos problemas de saúde mental. Para iso, Comesaña lembrou que a Xunta completará a implantación de unidades de prevención do suicidio no sete áreas sanitarias do Sergas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.