Detido un home tras golpear unha muller na Coruña e ser retido por uns mozos

Ocorreu na zona do Obelisco.

Por E.P. | A Coruña | 07/06/2022 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local detiveron na Coruña un home por golpear a unha muller, segundo informaron fontes municipais.

O incidente produciuse na zona do Obelisco, no centro da cidade herculina, a pasada medianoite despois de que agredise á muller.

Foron uns mozos os que deron aviso á Policía mentres tiñan retido o home, á espera da chegada dos axentes municipais.

As fontes consultadas precisaron que o presunto agresor declarou pegar unha labazada á vítima, que non chegou a ser localizada tras ausentarse do lugar.

Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533
Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta