O Goberno traslada ás familias do Pitanxo que estuda a petición de baixar ao pecio

"Volvemos coas mans baleiras sen ningunha resposta clara de por que non se baixa ao pecio", quéixase María José de Pazo tras esta xornada de mércores en Madrid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2022 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

O Goberno central trasladou ás familias dos 21 falecidos da pesqueiro Villa de Pitanxo que o pasado martes se celebrou unha reunión interministerial que vai estudar "a petición" de baixar ao pecio, afundido a 450 quilómetros das costas de Terranova (Canadá).

Tras levar as súas reivindicacións ata o Congreso, as familias trasladáronse ata a Moncloa na tarde deste mércores coa intención de ser recibidos polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pero non conseguiron o encontro. Segundo explica a portavoz, María José de Pazo, filla do maquinista do Villa de Pitanxo, tan só foron recibidos por un membro do gabinete de Pedro Sánchez, que os informou acerca desa reunión intermisterial.

Así, De Pazo relata que se lle pediu "un prazo razoable" para obter unha resposta, pois quéixase de que "non hai ninguén de todos os gabinetes" que lles comunique información ás vítimas.

Igualmente, considera que a resposta da ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, foi "insuficiente", dado que se remitiu, este mércores no Congreso, ás investigacións xudiciais abertas sobre o naufraxio para apelar á "prudencia" á hora de determinar "cales son os mellores medios" para esclarecer as causas do accidente.

"Volvemos coas mans baleiras sen ningunha resposta clara de por que non se baixa ao pecio", quéixase María José de Pazo tras esta xornada de mércores en Madrid.

Familiares de mariñeiros falecidos sosteñen pancartas e fotografías nunha concentración, ás portas do Congreso dos Deputados, a 8 de xuño de 2022, en Madrid (España). Os familiares das 21 vítimas do naufraxio do pesqueiro galego 'Vila d. Juan Barbosa - Europa Press
Familiares de mariñeiros falecidos sosteñen pancartas e fotografías nunha concentración, ás portas do Congreso dos Deputados, a 8 de xuño de 2022, en Madrid (España). Os familiares das 21 vítimas do naufraxio do pesqueiro galego 'Vila d. Juan Barbosa - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta