Deteñen un veciño de Santa Cruz de Arrabaldo por provocar supostamente un incendio forestal

Debido a este lume forestal resultaron afectadas 0,13 hectáreas de monte baixo, destacaron as fontes da Garda Civil de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/06/2022 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a un veciño de Santa Cruz de Arrabaldo como presunto autor dun incendio forestal supostamente intencionado tras ser sorprendido con varios chisqueiros.

Segundo informou o Instituto Armado, un veciño de Santa Cruz de Arrabaldo foi detido como presunto autor dun delito de incendio forestal ocorrido o día 6 xuño en Casardomato, en Punxín.

Debido a este lume forestal resultaron afectadas 0,13 hectáreas de monte baixo, destacaron as fontes da Garda Civil de Ourense.

A detención produciuse cando os axentes observaron unha columna de fume e, ao chegar ao foco do incendio, observaron ao home, "que levaba dous chisqueiros e ofreceu unha versión incoherente" sobre o inicio do mesmo.

Vehículo da Garda Civil
Vehículo da Garda Civil | Fonte: Alberto Ruiz - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta