Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2022 | Actualizada ás 16:48
A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou, como autora dun delito de furto e dun delito de estafa, en concurso cun delito de falsidade en documento mercantil, a 19 meses de cárcere a unha empregada do fogar que traballaba nunha vivenda en Compostela.
O tribunal considera probado que a investigada falsificou un contrato de financiamento para adquirir dous colchóns e somieres nunha tenda de Santiago de Compostela, así como que subtraeu xoias no domicilio das denunciantes, unha muller e a súa filla, para as que traballou entre principios de 2017 e mediados de outubro de 2018, cando foi despedida.
A muller subtraeu un reloxo da marca Cartier, valorado en 5.000 euros, que estaba nun caixón dunha das inquilinas e nunca foi recuperado pola súa propietaria. A agora condenada vendeu este obxecto nun establecemento de compravenda de ouro por máis de 1.000 euros.
Por este motivo, a empregada de fogar deberá indemnizar con 5.000 euros á afectada. Ademais, impónselle unha multa de e ao pago dunha multa de 540 euros. Contra o fallo cabe interpor recurso de apelación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.